mércores, 8 de abril de 2015

Introdución á Sintaxe.


Chove.


A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)

Consellos para analizar os elementos dunha cláusula (proposición, oración): suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.

1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estárá oculto (elidido) e hai verbos impersoais . O sol sae por alí. Chove moito

2.- Predicado

2.1.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)

2.2.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa

2.3.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)

2.3.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo: onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.

2.3.2.- Se observamos que o verbo esixe (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite

2.3.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.

2.3.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.

2.4.- Procuramos o complemento circunstacial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...

2.5.- O reflexivo case sempre é complemento directo, tamén pode ser recíproco, pronominal ou reflexo (pasiva)

Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días

2.6.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós